Un novo modelo de traballo na aula do conservatorio que reinventa o formato de clase maxistral nun formato que se apoia nas ferramentas dixitais para aumentar as posibilidades das sesisóns co ratio 1-1 nas que o profesor e un so alumno comparten o tempo de docencia en exclusividade.
A Tablet como ferramenta fundamental de traballo na aula de clarinete
Imos mostrar algunhas das ferramentas que constitúen un aumento da eficiencia no traballo dunha clase maxistral fronte ás técnicas clásicas de traballo.
O atril dixital é un conxunto de ferramentas recompiladas pola miña banda nas que investigo como satisfacer algúns dos problemas que xorden no ensino docente-discente (1-1) de música.
Eu utilizo un iPad da marca Apple pero calquera tablet ten as aplicacións homólogas (nalgúns casos son as mesmas adaptadas para ambos os sistemas).
Music Speed (app de tratamento en tempo real do son e adaptación de acomapañamentos)
A aplicación que empregamos na clase é Music Speed Changer e pódese atopar na sus web para diferente

No nosos caso, a principal función e poder ter listas de reproducción de acompañamentos de piano e orquestais de pezas (en formato MIDI ou gravacións en piano) que están disponibles tamén para o alumnado na Aula Virtual.
As grabación utilizanse como elemento auxiliar para traballar os seguintes aspectos anticipándose ao traballo co pianista acompañante:
- ritmo, pulsación e velocidad de execución das pezas
- afinación
- coñecemento das voces e entradas do intérprete
- sonoridade en contexto da interpretación colectiva
- Gravar as sesiones de traballo
Permite algunas funcións moi interesantes e non accesibles fora do ámbito dixital:
- Control da velocidade de execución dos acompañamentos en tempo real sen modificar a afinación.
- Función loop para repetir partes específicas sen ter que interpretar toda a peza de unha.
- Organización por listas de reproducción en función do alumnado, cursos e grupos ( permite por parte do profesor ter un seguimento da evolución do alumnado de maneira individualizada e clasificación das audiciones por nivel de dificúltame e cursos) Por parte dos alumnos pódese levar un control das melloaras xa que a aplicación ten memoria da última velocidade empregada para cada peza.
- Ao traballar desde un dispositivo dixital pódese conectar a altofalantes e axustar a dinámica á realidade dos instrumentos na aula.
- Tamén, ao permitir o cambio de velocidade e entonación, podese empregar para analizar interpretacións en internet ou gravacións de outros intérpretes ou otros instrumentos. Para eso e moi operativo o uso das extensións de navegadores web.

Na aula virtual de cada curso está dispoñible o conxunto de acompañamentos en audio para as pezas e leccións de métodos que traballamos e que podemos utilizar con Music Speed con obxecto de adaptar o ritmo de aprendizaxe ás necesidades individuais do alumnado




iDoceo como sistema de avaliación para a mellora de toma de decisións
O ideal é contar con ferramentas apropiadas (coa posibilidade de tomar notas rapidamente na clase) e adaptadas ao ensino musical para a avaliación e seguimento dos alumnos e desenrolar as mesas e unha prioridade desde o meu punto de vista. A Aula Virtual ten a capacidade de levar a avaliación dos alumnos (fixen varios vidotutoriais en youtube) pero non é operativa desde un contexto da clase de instrumento porque non se poden traballar axeitadamente con la aplicación no momento de impartir a docencia. Fixen varias recomendacións desde a coordinación TIC pero por mor da seguridad nos se poden implementar fora do espacio da consellería quen ten a chava de facelo.
Non obstante, é posible utilizar iDoceo como unha contorna segura de avaliación. A base de datos está no dispositivo de maneira encriptada e non se comparte cos propietarios do software. A sincronización únicamente é entre dispositivos dunha misma conta a traves de iCloud de apple de maneira encriptada.
A política de privacidade e declarada por iDoceo: https://www.idoceo.es/index.php/es/instrucciones/politica-de-privacidad-y-seguridad
Orientación
En principio esta aplicación ten unha orientación máis optimizada para contornas de clase nas que hai un número alto de alumnado. Nos ensinos instrumentais de música o ratio é de 1-1 para as clases de instrumento e 1-5 como máximo para as clases de música de cámara. iDoceo pódese utilizar nestes casos para a avaliación e seguimento do traballo do alumnado realizando algunhas configuracións que cambian nalgúns casos o sentido das utilidades que pretende a aplicación.
Estrutura das clases
Para o traballo en clases de instrumento é mellor considerar un alumno por clase a pesar de ter varios alumnos nun mesmo curso. Desta maneira, aínda que en principio pódense perder estatísticas de seguimento (hai maneiras de solucionalo), o traballo é moito máis fluído que se agrupamos aos alumnos por cursos.

Planner como diario de traballo
O planner máis que ter un uso de planificar contido dunha clase, é máis operativo recoller un seguimento do traballo que realizou en casa esa semana (cunha concisa valoración) e coas instrucións que recibe en clase para mellorar o que está a realizar. As diferentes vistas do Planner (por semanas ou por sesións-diario semanal) ao ter configurado o calendario do curso, axúdanos a valorar a carga de traballo que ten realizada e as sesións que nos quedan para chegar aos momentos de avaliación ou audicións, podendo tomar medidas correctivas dunha maneira máis operativa e eficaz.


Valoración da carga de traballo nos trimestres
Pódese realizar un seguimento da carga de traballo na programación a través do caderno de notas. Este pódese adaptar ao nivel de desenvolvemento de cada alumno ao dividir por pestanas e trimestres o repertorio coa facilidade de moverse para un ou outro trimestre e enlazar os resultados cos cálculos de valoracións finais , baseándose nos tres piares da programación: traballo técnico (estudos), pezas de repertorio e escalas así como ter en conta os sistemas de avaliación en traballo de clase, audicións e exames.

Rúbricas e seguimento do cumplimento dos obxectivos programados
A pesar de que o conservatorio aplica os decretos de regulación dos ensinos do 2007 onde non se establece o uso de rúbricas nin as disposicións que se incorporan na LOMLOE para a avaliación do alumnado, desde a aplicación iDoceo pódense adaptar facilmente ao mencionado xa na última lei sen prexuízo de cumprir co establecido na normativa vixente para os conservatorios en Galicia. Neste sentido pódese facer unha mellor valoración e estudo dos problemas que xorden no traballo cos alumnos polo que é moi recomendable definir rúbricas precisas para cada tipo de traballo que se realiza co alumnado (non é o mesmo o que se valora no traballo técnico de clase que nunha posta en escena dunha peza…).

ForScore – lector de partituras para mellorar as dinámicas de traballo na aula, na casa e avaliación do traballo do alumnado
ForScore é unha aplicación de lectura de partituras musicais electrónicas en pdf. Está preparada para aumentar as funcionalidades dun lector de PDF especificamente para o traballo de ensaio e interpretación coas partituras.

Entre as súas diferentes funcionalidades permite ter ordenadas as partituras que se traballan en clase, clasificadas por cursos, dificultade, características, compositores etc. Tamén é posible crear listas sobre etiquetas. Todo iso permite xestionar rapidamente o material que se está traballando en clase sen ter que ir en cada momento a un arquivo para obter as partituras impresas ou trasladar partituras en diferentes espazos físicos.
A capacidade de anotación estendida da aplicación permítenos facer anotacións individualizadas por capas seleccionables para o alumnado (para cada unha das sesións de traballo de cada discente) e compartir as anotacións con eles de maniera instanea. Desta maneira, ao ter unha guía directa do traballo con anotacións para casa, conseguimos que o traballo que realicen sen axuda do docente estea máis enfocado cara á consecución dos obxectivos propostos.




Traballo individualizado dos tempos metronómicos (Tempo Advance)
A aplicación Tempo Adv. é un metrónomo dixital avanzado que serve para mellorar o traballo rítmico de ejercicios e pezas musicais.
O metrónomo mellora á homólogo electrónico na accesibilidade e capacidade das funcións avanzadas: diferentes sons de metrónomo, diferentes tipos de subdivisiones e poliritmos, configuración de ritmos preestablecidos etc. todo en tempo real ou cunha configuración rápida (algo fundamental cando se está practicando) que fai que non perdamos unha boa parte do tempo de uso cambiando configuracións.
Ainda que non é a sua función principal, no estudo das funcións desta aplicación, pódese ver que a posibilidade de gardar datos fai que se poida empregar o metrónomo dixital para facer unha xestión do traballo rítmico das pezas por discente, permitindo unha adaptación rápida e continua ás necesidades específicas de cada estudante. Tamén serve para xestionar o avance das melloras rítmicas das pezas do alumnado, xa que queda rexistrada a última velocidade traballada en cada configuración por discente.



