Servidor local baseado en Jamulus para ensayos a distancia a través da Internet para un modelo novo de aprendizaxe entre iguais e nun entorno 1-1 en liña.

Activación dá aplicación de servidor Jamulus e configuración para un servidor local para conseguir que os alumnos poidan ensaiar en conxunto sen estar presentes nun mesmo espazo. É necesario dispoñer dun computador cunha tarxeta de son de baixa latencia, micrófono e auriculares.

 https://jamulus.io/es/

 Que é Jamulus?

Jamulus é un software de código aberto que permite unha comunicación de audio sen retardo. Foi creado para realizar «Jam sessions» (actuacións improvisadas en directo) entre músicos de Jazz que se atopaban en lugares diferentes a través da Internet.

A ferramenta é suficientemente boa para poder ser adaptada e utilizada nun conservatorio de música como ferramenta de ensaios ou clases en liña na que os participantes poden tocar xuntos e salvar a distancia. Debemos lembrar que isto non é posible nos actuais sistemas de videoconferencia polo retardo que xeran.

Jamulus pódese utilizar con aplicacións de computador (OS X, Windows e Linux) que deben conectarse a un servidor público específico ou propio. No noso caso imos configurar un servidor coa suficiente privacidade para o seu emprego nas clases do conservatorio.

Proxecto

Existe a posibilidade de contratar servidores Jamulus para realizar os ensaios pero son bastante caros.

O proxecto que realicei consiste na instalación do servidor nun computador en local para poder telo dispoñible coa maior privacidade para o traballo de clase entre alumnos e alumno-profesor nos que se require tocar en conxunto en directo.

Realizouse nos seguintes pasos:

Instalación dun minipc conectado a internet en Debian
Conversión a través de CasaOS nun servidor local coa posibilidade de conexión desde o exterior a través de servizos externos como duckdns.org para manter unha dirección única.
Posta en funcionamento do servicio
Realización dun titorial para os alumnos

Instalación e posta en funcionamento.

Despois de comprar un MiniPC para dar servizos nunha contorna controlada, elixín formatalo ao sistema operativo Debian para instalar CasaOS como «frontend» e poder manexar diferentes instalacións de utilidades a través de Docker.

En concreto non existe un repositorio de fácil instalación para o servidor de Jamulus, polo que elaborei un «docker compose» e instaleino a través de terminal linux no propio CasaOS.

Ínstalé aplicacións cliente en computadores da miña casa para poder probar configuración e certificar o funcionamento e en concreto,  dar servizo a un Macbook Pro en casa para utilizalo cos alumnos.

O servidor pódese conectar e desconectar en función das necesidades de traballo no conservatorio e  manter un mellor control de accesos.

Como accedemos?

Debemos ter instalado a aplicación cliente de Jamulus que se pode baixar desde a web dos creadores ao noso computador.

Na configuración da aplicación debemos conectar ao servidor baixo a url facilitada ao alumnado para acceder ao servidor propio illado. Desta maneira accedemos á sala de ensaios.

Se contamos cunha tarxeta de son de baixa latencia, un micrófono e auriculares conectados a ela, poderemos tocar en directo cos participantes da sesión. 

É posible configurar a sala para diferentes grupos de ensaio aínda que no noso caso non o necesitamos de momento.

Existe un chat de grupo e pódese usar á vez que temos unha aplicación de videoconferencia para vernos. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *